viernes, 23 de septiembre de 2016

MAQUINA DE SUMAR E RESTAR

Comezamos o cole construindo unha máquina para realizar sumas e restas dun xeito máis lúdico. Para a suma metemos tantas bolas en cada taza como indican os números a sumar. Facemos xirar as tazas para que caian as canicas polo tubo ata chegar á cesta, onde se xuntan as bolas.

  

No caso da máquina de restar, colocamos no faro os números a restar. Poñemos no mar tantos peixes como indica o número de arriba e metemos na rede a cantidade de peixes que indica o número que hai debaixo do signo menos (-). Por último, contamos os peixes que quedan no mar despois de pescalos e colocamos o número na parte inferior, debaixo do signo igual (=).

No hay comentarios:

Publicar un comentario