VIDEO:
Un blogue no que poderás ver o que acontece na aula e atopar moitos recursos de interese para familias e outros mestres/as. Espero que lles guste!!!
jueves, 29 de septiembre de 2016
Benvido outono!!
Para dar a benvida ao outono comezamos recitando o seguinte poema. Máis abaixo podemos ver o video:
viernes, 23 de septiembre de 2016
MAQUINA DE SUMAR E RESTAR
Comezamos o cole construindo unha máquina para realizar sumas e restas dun xeito máis lúdico. Para a suma metemos tantas bolas en cada taza como indican os números a sumar. Facemos xirar as tazas para que caian as canicas polo tubo ata chegar á cesta, onde se xuntan as bolas.
No caso da máquina de restar, colocamos no faro os números a restar. Poñemos no mar tantos peixes como indica o número de arriba e metemos na rede a cantidade de peixes que indica o número que hai debaixo do signo menos (-). Por último, contamos os peixes que quedan no mar despois de pescalos e colocamos o número na parte inferior, debaixo do signo igual (=).

sábado, 10 de septiembre de 2016
PRIMEIRO DÍA DE CLASE:
O primeiro día de clase poden traer o seguinte:
- Un coxín.
- Unha gorra.
- A merenda e unha botella de auga.
- O mandilón.
Os libros de lectoescritura e lóxica-matemática podédelos traer á medida que os vaiades conseguindo. Tamén se vos enviará unha nota, entre outras, coa relación de material para este curso.

BENVIDO CURSO 2016-2017:
Este curso xa temos 5 anos e imos a emprender un camiño novo no que as carpetas do método desapareceron. É por elo que imos ir marcando entre todas e todos as e os compoñentes desta aventura o camiño a recorrer.
Estou impaciente por ver de novo esas pequenas cariñas cheas de ilusión e de gañas de aprender. Irémosvos contando os nosos andares por esta nova aventura e esperamos as vosas aportacións que sempre nos resultan de gran axuda.
Un abrazo moi forte e vémonos o 12 de setembro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)