viernes, 27 de mayo de 2016

ALIMÉNTA-T BEN 2015-2016. 5º EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO: 5º EDUCACIÓN INFANTIL

TITOR: VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ


Durante o curso 2015-2016 o CEIP de Quiroga participamos no programa Aliménta-T Ben, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, cos seguintes obxectivos:

- Integrar o programa "Aliménta-T Ben, froita na escola" nos diferentes proxectos da aula.
- Influir na adopción de hábitos saudables no alumnado e nas súas familias.
- Desenvolver a imaxinación e a creatividade na elaboración das brochetas e illa pirata.
- Promover o uso das TIC mediante a creación de actividades interactivas sobre a froita.
- Promover o consumo de froita no recreo e no fogar.
- Probar froitas que non comemos habitualmente.
- Gozar elaborando receitas e actividades lúdicas con froitas de tempada.


Na aula de 5º de Educación Infantil traballamos as froitas de diferente xeito:

- Na primeira semana de froita fresca fixemos unha rica macedonia de froitas. Os nenos e nenas cortaron melocotón en almíbar, plátano, mandarina e pera. Estaba boísima!!!


 




Ademais, polo Samaín, fixemos pantasmas con plátanos e cabazas con mandarinas. Quedáronnos así de terroríficas:



- Na segunda semana de froita fresca estivemos traballando na Pizarra Dixital Interactiva con actividades dixitais elaboradas polo titor de 5º de Ed Infantil: Vicente Rodríguez Díaz.
Para ver máis fotos preme na imaxe:


O pasado venres 5 de febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil, coa colaboración dos seus mestres e o cociñeiro Jorge, elaboraron unha estupenda e riquísima eiruga con plátano e amorodo. Acompañámolo con pouco xarope de chocolate e de ollos uns lacasitos. Realmente foi unha actividade super divertida e pasámolo xenial!!!

Ademais, os nenos e nenas de 5º de Infantil elaboraron as súas propias "brochetas de froita". Estaba boísima!!!



 

   

- Na terceira semana de froita fresca  decidimos realizar un obradoiro todo o alumnado de Educación Infantil para elaborar unha illa pirata con froitas. Aquí vemos o resultado:





Para a celebración dos aniversarios do terceiro trimestre decidimos elaborar unha cabeza pirata con froitas: marmelada de amorodo no pano, mazá para o parche, ameixa para o nariz, plátano no ollo e lunares do pano; e pexego para os bigotes. Estaba boísima!!!




Con expectativas de seguir traballando a importancia das froitas na nosa alimentación, o vindeiro curso traballaremos as froitas elaborando con elas diferentes debuxos e facendo máis receitas de cociña: marmelada, batido de froitas, etc

PASÁMOLO XENIAL COMENDO E TRABALLANDO COA FROITA

ANEXOS: ACTIVIDADE INTERACTIVA:


No hay comentarios:

Publicar un comentario