domingo, 17 de mayo de 2015

TRABALLAMOS COAS FROITAS

CURSO: 4º EDUCACIÓN INFANTIL

TITOR: VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ


Durante o curso 2014-2015 o CEIP de Quiroga participamos no programa Aliménta-T Ben, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, cos seguintes obxectivos:

- Integrar o programa "Aliménta-T Ben, froita na escola" nos diferentes proxectos da aula.
- Influir na adopción de hábitos saudables no alumnado e nas súas familias.
- Recoñecer as diferentes froitas pola súa forma e textura; e clasificar por cores.
- Promover o uso das TIC mediante a creación de actividades interactivas sobre a froita.
- Promover o consumo de froita no recreo e no fogar.
- Probar froitas que non comemos habitualmente.
- Gozar elaborando receitas e actividades lúdicas con froitas de tempada.


Na aula de 4º de Educación Infantil traballamos as froitas de diferente xeito:

- Na primeira semana de froita fresca estivemos vendo as texturas e forma das froitas, así como as súas cores. A continuación vemos fotos de como os nenos/as recoñecen as froitas polas súas texturas e forma; e como clasifican as froitas por cores:

   



- Na segunda semana de froita fresca estivemos traballando na Pizarra Dixital Interactiva con actividades dixitais elaboradas polo titor de 4º de Ed Infantil: Vicente Rodríguez Díaz.
Para ver máis fotos preme na imaxe:


- Na terceira semana de froita fresca elaboramos un libro das froitas no que empregamos diferentes técnicas plásticas: coloreamos con ceras e rotuladores, pintamos con témpera e pincel, pegamos pegatinas e empregamos a técnica da estampación con peras e mazás.

NOTA: As actividades traballadas de forma escrita están feitas en castelán, xa que son actividades traballadas relacionadas coa lectoescritura e a lóxica-matemática, aspectos que traballamos en lingua castelá.

No terceiro trimestre decidimos elaborar unha tarta espacial. Elaboramos un pastel con froitas representando o noso Sistema Solar:
- Sol: Melocotón.
- Mercurio: Amorodo.
- Venus: Plátano.
- A Terra: Kiwi
- Marte: Fresa.
- Xúpiter: Laranxa.
- Saturno: Cereixa e piña (para o anel)
- Urano: Albaricoque.
- Neptuno: Uva tinta.

As órbitas foron feitas con pasta de azúcar (fondant branco).

Este foi o resultado:

Con expectativas de seguir traballando a importancia das froitas na nosa alimentación, o vindeiro curso traballaremos as froitas elaborando con elas debuxos e facendo algunha receta de cociña: macedonia, batido de froitas, etc

PASÁMOLO XENIAL TRABALLANDO COA FROITA

ANEXOS: ACTIVIDADE INTERACTIVA:


No hay comentarios:

Publicar un comentario