domingo, 31 de mayo de 2015

NOVO HORARIO EN XUÑO

Durante o mes de xuño o horario é o mesmo que no mes de setembro e os venres:

- Entrada: 10:00 h
- Recreo:  12:35h a 13:00h
- Saída:     14:30 h
                  15:30h (usuarios do comedor escolar)

- As clases rematan o venres 19 de xuño.

jueves, 28 de mayo de 2015

NOTA INFORMATIVA

O Equipo de Ed Infantil informa ás familias de que actualmente hai un brote agudo de escarlatina e varicela entre o alumnado de Infantil.
Prégase encarecidamente ás familias que no caso de que o/a fillo/a, presente os primeiros síntomas, vaia ao centro médico e no caso de padecer algunha destas enfermidades tan contaxiosas, non acudan ao centro escolar e respecten o protocolo de contaxio que ven sendo de 7 días.

O equipo docente de Ed Infantil

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

O pasado mércores 27 de maio celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpren anos no terceiro trimestre:
- Maio: Samira e Ezekiel.
- Xuño: Cristian.
- Xullo: Efrén.
- Agosto: Roi e Lois.

Desta vez decidimos elaborar unha tarta espacial. Elaboramos un pastel con froitas representando o noso Sistema Solar:
- Sol: Melocotón.
- Mercurio: Amorodo.
- Venus: Plátano.
- A Terra: Kiwi
- Marte: Fresa.
- Xúpiter: Laranxa.
- Saturno: Cereixa e piña (para o anel)
- Urano: Albaricoque.
- Neptuno: Uva tinta.

As órbitas foron feitas con pasta de azúcar (fondant branco).
Este foi o resultado (podedes ver as fotos pinchando na imaxe):

lunes, 25 de mayo de 2015

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

O tema dos talleres de Educación Infantil neste curso 2014-2015 foi "O Universo", un tema que xurdiu desde o PDI levado a cabo dende a Biblioteca Escolar.
Este taller consistiu en elaborar un cohete espacial con material de refugallo, neste caso, a partir dunha botella de plástico.
Aquí podedes ver as fotos deste obradoiro:

domingo, 17 de mayo de 2015

TRABALLAMOS COAS FROITAS

CURSO: 4º EDUCACIÓN INFANTIL

TITOR: VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ


Durante o curso 2014-2015 o CEIP de Quiroga participamos no programa Aliménta-T Ben, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, cos seguintes obxectivos:

- Integrar o programa "Aliménta-T Ben, froita na escola" nos diferentes proxectos da aula.
- Influir na adopción de hábitos saudables no alumnado e nas súas familias.
- Recoñecer as diferentes froitas pola súa forma e textura; e clasificar por cores.
- Promover o uso das TIC mediante a creación de actividades interactivas sobre a froita.
- Promover o consumo de froita no recreo e no fogar.
- Probar froitas que non comemos habitualmente.
- Gozar elaborando receitas e actividades lúdicas con froitas de tempada.


Na aula de 4º de Educación Infantil traballamos as froitas de diferente xeito:

- Na primeira semana de froita fresca estivemos vendo as texturas e forma das froitas, así como as súas cores. A continuación vemos fotos de como os nenos/as recoñecen as froitas polas súas texturas e forma; e como clasifican as froitas por cores:

   



- Na segunda semana de froita fresca estivemos traballando na Pizarra Dixital Interactiva con actividades dixitais elaboradas polo titor de 4º de Ed Infantil: Vicente Rodríguez Díaz.
Para ver máis fotos preme na imaxe:


- Na terceira semana de froita fresca elaboramos un libro das froitas no que empregamos diferentes técnicas plásticas: coloreamos con ceras e rotuladores, pintamos con témpera e pincel, pegamos pegatinas e empregamos a técnica da estampación con peras e mazás.

NOTA: As actividades traballadas de forma escrita están feitas en castelán, xa que son actividades traballadas relacionadas coa lectoescritura e a lóxica-matemática, aspectos que traballamos en lingua castelá.

No terceiro trimestre decidimos elaborar unha tarta espacial. Elaboramos un pastel con froitas representando o noso Sistema Solar:
- Sol: Melocotón.
- Mercurio: Amorodo.
- Venus: Plátano.
- A Terra: Kiwi
- Marte: Fresa.
- Xúpiter: Laranxa.
- Saturno: Cereixa e piña (para o anel)
- Urano: Albaricoque.
- Neptuno: Uva tinta.

As órbitas foron feitas con pasta de azúcar (fondant branco).

Este foi o resultado:

Con expectativas de seguir traballando a importancia das froitas na nosa alimentación, o vindeiro curso traballaremos as froitas elaborando con elas debuxos e facendo algunha receta de cociña: macedonia, batido de froitas, etc

PASÁMOLO XENIAL TRABALLANDO COA FROITA

ANEXOS: ACTIVIDADE INTERACTIVA:


martes, 5 de mayo de 2015

Actividades del mes de abril:

- Aprendimos el cuento: ¿A qué sabe la luna?



Aquí podemos ver una adptación del cuento:


- Nuestro mural del espacio, situado en el pasillo de las aulas de Infantil:
- Coloreamos flores y mariposas de colores: